Thursday 02 de May de 2024

Uns cincuenta nenos e nenas participan nas actividades de conciliación do Concello de Frades para a Semana Santa


Uns cincuenta nenos e nenas, acompañados polos seus familiares, participaron onte martes nunha festa infantil organizada polo Concello de Frades co gallo das vacacións escolares da Semana Santa. Unha festa que tivo lugar no multiúsos de Frades e na que contaron cunha divertida actuación do Mago Píter e unha merenda con chocolate. A asistencia era totalmente de balde.

Para hoxe mércores, o Concello de Frades ten programada unha saída ao centro comercial Marineda City da Coruña onde o medio cento de participantes poderá desfrutar dunha partida de birlos e unha sesión de cine, coa asistencia á proxección da película “Peter Rabbit”.